Materialismo cultural

O materialismo cultural é un enfoque de investigación en antropoloxía e socioloxía, que postula que as condicións materiais adoitan ser o principal factor promotor dos cambios sociolóxicos e culturais observados así como un forte determinante dos patróns culturais e organización dunha determinada cultura ou sociedade. O materialismo cultural analiza a evolución e configuración das sociedades a partir das súas condicións materiais. Para iso, establécese unha división tripartita entre clases de conceptos que atende á súa relación causal. Esas clases chámanse infraestrutura, estrutura e supraestrutura.


Developed by StudentB